Celebración do Día Internacional do Voluntariado 2020

O día 5 de decembro celebramos o Día Internacional do Voluntariado. Con este motivo, o venres 4, a Rede Lucense de Voluntariado levamos a cabo a lectura do manifesto na Praza da Milagrosa de Lugo.

Baixo o lema VOLUNTARI-ON quixemos reivindicar a labor de todas as persoas voluntarias, que constitúen un motor de cambio; un motor de transformación cara á unha sociedade máis comprometida cos Dereitos Humanos, que vibra e se activa co dolor alleo, coa inxustiza que sobrevén aos colectivos máis vulnerables.

Tamén quixemos reivindicar a labor das persoas voluntarias que, ante a nova situación imposta polo Covid-19, estiveron en primeira liña afrontando medo, asumindo riscos e tomando todas as precaucións ao seu alcance para cumprir o seu compromiso, e se implicaron unha vez máis nos distintos problemas que xerou a pandemia.

Moitas grazas a todas as persoas voluntarias que colaboran connosco!

Podes ver a nova deste acto pinchando aquí

Podes seguir a actividade da Rede Lucense de Voluntariado na súa páxina de Facebook