O próximo venres 5 de decembro celébrase o Día Internacional do Voluntariado, unha data sinalada por Nacións Unidas para recoñecer a contribución esencial que as persoas voluntarias realizan na construción de sociedades máis xustas, de cohesión e solidarias.
Este ano a Rede Lucense de Voluntariado quere que este día 5 de decembro se converta nunha xornada de celebración para todas as persoas voluntarias das distintas entidades que forman a rede e para todas as persoas da nosa cidade. E, para iso, organiza un acto que se levará a cabo no soto da Praza de Abastos en horario de 17 a 19 horas.
Esperámosvos!










