O domingo 17 de decembro foi a festa de Nadal da Asociación. Nela xuntámonos compañeiros/as, familias, profesionais e voluntarios/as de Down Lugo. Celebrámola no Hotel Torre de Núñez.
Pasámolo xenial todos/as xuntos/as. Ao empezar a festa vimos unha obra de teatro a cargo de Palimoco Teatro. A min me encantou.
A partir das 18:00 horas da tarde, fixemos o reparto dos regalos do amigo invisible. Cada persoa participante no amigo invisible recibimos o nome doutra persoa da Asociación e nos encargamos de facerlle un pequeno regalo.
Despois merendamos e ao rematar bailamos ata o fin de festa. Ademais puidemos sacar fotos no photocall.
Desfrutamos moito na festa e o pasamos moi ben todos/as xuntos/as. Foi unha tarde moi boa para todos/as.