Celebramos o Día da Boa Xente con Carrefour

O pasado 22 de xuño a Fundación Solidariedade Carrefour celebrou un ano máis con nós o Día da Boa Xente.

Para iso, un grupo de persoas voluntarias de Carrefour Lugo, xunto cun grupo de persoas usuarias e profesionais da nosa Asociación, acondicionaron e pintaron a terraza do piso da Asociación.

A fin de poder repoñer forzas e coñecerse un pouco mellor, a media mañá puideron desfrutar dun variado almorzo. Durante este intre, as persoas traballadoras de Carrefour coñeceron un pouco máis as actividades do noso día a día, así como ás nosas persoas usuarias e as súas propostas para mellorar o piso.

Dende Down Lugo queremos agradecer a Carrefour a súa xenerosidade e esperamos que en anos vindeiros sigamos colaborando xuntos en novos proxectos.