Cada 5 de decembro celébrase o Día Internacional do Voluntariado. Este día supón unha oportunidade para agradecer todos os esforzos realizados polas persoas voluntarias e as súas organizacións, así como para promover os seus valores e dar a coñecer os logros que conseguen nas súas comunidades.
A Rede Lucense de Voluntariado (RELUVOL), con motivo desta celebración e baixo o lema Enrédate, levamos a cabo a lectura dun manifesto o pasado 3 de decembro na Praza do Campo Castelo de Lugo.
O manifesto foi lido por un membro de Auxilia Lugo, que en nome da Rede animou “a seguir alentando á mobilización cidadá que supón o voluntariado, o cal non pode nacer e morrer en cada crise que nos azote”.
A Rede Lucense de Voluntariado leva celebrando este día dende o ano 2007 e está integrada por 14 entidades: Auxilia, Capaces, Dignidade, Juan Soñador, Ateibo, Aliad Ultreia, Cáritas, Down Lugo, Raiolas, Fundación Secretariado Gitano, Aspnais, AECC, Cogami e USC.
Compartimos a nova publicada por El Progreso con motivo do Día Internacional do Voluntariado, na que as voluntarias y voluntarios de ASTELU contan a súa experiencia de voluntariado na nosa Asociación: https://www.elprogreso.es/articulo/comarcas/non-hai-ouro-que-pague/202112021318041543676.html