O pasado venres 14 de xaneiro tivo lugar na nosa sede unha charla dirixida ás familias da Asociación sobre a reforma xurídica sobre discapacidade.
A charla, titulada “Apoios: Resolvendo dúbidas da reforma xurídica sobre discapacidade” foi impartida pola notaria Montserrat Trigo Mayor.
A charla foi un éxito de convocatoria e as familias asistentes mostráronse moi satisfeitas ao poder resolver dúbidas sobre esta reforma e poder contar con explicacións e información accesible para todos/as.
O encontro realizouse grazas á colaboración de Fundación Aequitas e o Colexio Notarial de Galicia, mediante a firma dun convenio coa Federación Down Galicia.