Charla sobre Internet, redes sociais e uso seguro da tecnoloxía

O martes 14 de novembro recibimos a visita do axente de policía Rubén Darío Veiga, delegado da Unidade de Participación Cidadá da Policía Nacional.

Neste encontro o axente ofreceunos unha interesante presentación sobre Internet, redes sociais e o uso seguro da tecnoloxía. Durante a mesma remarcou a importancia dun bo uso do móbil, sobre todo nas fotos que facemos (a nós mesmos/as como a outras persoas) e gardamos ou compartimos e as súas consecuencias.

Explicounos pautas para evitar problemas de seguridade co móbil e Internet e púxose en común a importancia de contar cunhas normas de utilización do móbil.

Así mesmo, falou sobre as ameazas que nos podemos encontrar nas redes e como afrontalos. Durante a presentación, o oficial de policía compartiu casos reais e subliñou a gravidade de riscos como o ciberacoso, o sexting ou o grooming.

Agradecemos á policía nacional esta charla sobre un tema tan importante para todos/as na actualidade e coa que puidemos reflexionar sobre o uso que cada un/ha de nós facemos da tecnoloxía.