Come a Comarca é un programa da Televisión Galega no que cinco cociñeiros viaxan polas distintas comarcas de Galicia e compiten co equipo da localidade. En cada programa cada equipo cociña tres tipos de pratos, un primeiro prato, un segundo e unha sobremesa que proba o xurado.
No mes de febreiro eu participeu no programa co equipo de A Mariña. Eramos de Foz, Barreiros, Burela e Lourenzá. Tocounos facer: fabas de Lourenzá, pescada en salsa de ourizo, e de sobremesa tarta de Mondoñedo. O meu traballo foi axudarlle a Suso e Silvia, removendo as fabas e esmagando as améndoas cun machete para facer a tarta de Mondoñedo, que saíu crúa porque lle faltou tempo no forno. Aínda que perdemos, os do equipo contrario regaláronme a culler de madeira grande e quedei moi contenta.