982 240 921

Home Destacados Creando historias con ASTELU

Creando historias con ASTELU

Como non podía ser doutra forma continuamos realizando actividades en colaboración coa Asociación Sénior de Telefónica de Lugo (ASTELU). Ao longo de todo o ano 2022 realizaremos distintas actividades e a temática das mesmas estará dividida por trimestres.

Este primeiro trimestre está dedicado á creación de historias en lectura fácil a través da técnica dos dados. Con distintas categorías de dados e as diferentes imaxes que van aparecendo nos mesmos, durante varias sesións e divididos en pequenos grupos, empezamos a crear historias empregando toda a nosa creatividade e imaxinación.

Pola súa parte, as actividades do segundo trimestre estarán dedicadas ao Camiño de Santiago, e xa despois da vacacións de verán, volveremos coas pilas cargadas para poder ensaiar conxuntamente panxoliñas e cantalas en Nadal na Praza Maior.

Sempre é un pracer contar coas persoas voluntarias de ASTELU, grazas a todos/as eles/as!