O próximo sábado 28 de maio impartiremos o curso Son un monitor inclusivo? xunto a outros/as compañeiros/as da Rede de Ocio Inclusivo de Galicia.
Este curso, que forma parte do plan de formación anual da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado 2022, está destinado a profesionais de educación no tempo libre, profesionais que presten atención a persoas con discapacidade en programas de ocio e a estudantes de integración social e educación social.
Será no Albergue de Gandarío e terá unha duración de 10 horas.
Para máis información ou se estás interesado en inscribirte pincha aquí.