O 20 de xuño un grupo de rapaces e rapazas de Down Lugo e varias persoas voluntarias da Asociación Sénior de Telefónica de Lugo (ASTELU) puideron desfrutar dun día de Equinoterapia no Centro de Hípica La Cruz en Taboada.
O día comezou preparándonos para a viaxe e unha vez chegados alí, dividímonos en 3 grupos. Mentres un grupo montaba a cabalo, outro se encargaba de cepillar aos cabalos que se encontraban nas cuadras. Ao tempo o terceiro grupo pintaba e decoraba con témperas ferraduras da sorte. Ao rematar cada actividade os grupos se intercambiaban de forma que todas as persoas puideron participar nas tres actividades.
Despois destas actividades chegou o momento dunha rica comida todos/as xuntos/as, para despois seguir con máis actividades. Un grupo de rapaces e rapazas decidiu xogar ao fútbol mentres que outros/as acompañaron aos cabalos a un prado próximo.
Foi unha bonita experiencia que seguro repetiremos en máis ocasións.