Dende Down Lugo unímonos á conmemoración do 8 de marzo co lema da ONU: “Para as mulleres e nenas en TODA a súa diversidade: Dereitos, igualdade e empoderamento”.
No 30º aniversario da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing, o mundo é profundamente desigual. Este día bríndanos unha oportunidade para erguernos e esixir que se pase á acción para conseguir un mundo igualitario e mellor para todas as persoas.
A igualdade solo é real se é para TODAS. Por iso, reivindicamos os dereitos de todas as mulleres para que teñan acceso ás mesmas oportunidades, recoñecemento e espazos de decisión.
Por un futuro feminista no que non se deixe a ninguén atrás.