Día Internacional do Voluntariado por Marcos Cruz

O día 5 de decembro, martes pola mañá, sobre as 12 horas, asistimos a un acto para conmemorar o Día Internacional do Voluntariado.

Ese día na Praza Maior, coa lectura dun manifesto, démoslle as grazas ás persoas que veñen a nosa Asociación como voluntarias. Pasámolo ben ese día.

Os voluntarios e voluntarias son persoas que axudan, aportan ideas e aprendemos moitas cousas delas. Axúdannos a facer actividades na Asociación e acompáñannos en excursións e en saídas. Na Asociación os voluntarios e voluntarias colaboran en actividades como Autonomía, Ocio e Formación.

Moitas grazas pola vosa colaboración.