Diez Raz10nes doa 8.091€ a Down Lugo para seguir sumando inclusión

O pasado 19 de marzo, a organización da iniciativa Diez Raz10nes fixo entrega a Down Lugo dun cheque solidario por un valor de 8.091 euros, cantidade recadada na súa cea gala do 21 de febreiro celebrada no Círculo das Artes.

Esta cea gala, na que participaron cociñeiros/as de Lugo e do resto de España, reuniu a 250 persoas que coa súa presenza contribuíron a que o evento fose un auténtico éxito.

A cantidade total recadada foi nada menos que de 16.182 euros, a repartir entre a nosa Asociación e a Asociación Raiolas de Lugo.

Down Lugo destinará este importe a seguir financiando o seu Programa de Emprego con Apoio, que ten como obxectivo facilitar a inclusión socio- laboral das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais no mercado laboral ordinario a través da metodoloxía de emprego con apoio.

Grazas Dez Raz10nes!