Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar

Necesitas información sobre o proceso de matriculación escolar para o vindeiro curso 2020/2021? Para tentar facilitar este proceso, especialmente aos pais e nais de nenos e nenas coa síndrome de Down, Down España publicou hai uns meses a guía Novo curso escolar. Claves para as familias.

A través desta publicación, os expertos en educación da federación estatal esperan poder resolver as dúbidas que poidan xurdir ás familias de cara ao novo e complexo curso 2021/2022, pois debido á pandemia provocada pola COVID-19, son numerosas as cuestións que os pais e nais se formulan.

Os principais asuntos que trata esta completa guía refírese á toma de decisións en relación á elección de centro escolar: que centro elixir, como é o centro idóneo ou como elixir un novo colexio. Desta forma, Down España quere axudar aos pais e nais do alumnado coa síndrome de Down, tendo en conta oito claves:

  • Elección do centro
  • Coñecer o quen e como da preinscrición e a matriculación
  • Participación das familias na avaliación psicopedagóxica
  • Ditame de escolarización
  • Coñecer os apoios e axustes razoables
  • Participación da familia na escola: onde e como
  • Coñeza e presente ao seu fillo/a ao seu titor/a
  • Non esquecer

Quizá o último punto sexa un dos máis esenciais, pois lembra aos pais que a educación inclusiva é un dereito e que unha familia que coñece os dereitos do seu fillo ou filla é unha familia con mellores ferramentas para garantir a educación inclusiva. Os pais e nais teñen dereito a participar e apoiar na evolución do proceso educativo dos seus fillos e fillas, así como coñecer as decisións relativas á avaliación e promoción, e colaborar nas medidas de apoio ou reforzo que adopten os centros para facilitar o seu progreso educativo.

A guía está dispoñible en castelán facendo click na seguinte ligazón: Novo curso escolar. Clave para as familias