Down Lugo celebra a súa xuntanza de familias estival

O pasado 9 de xullo retomamos a nosa xuntanza de familias do verán, que levaba varios anos sen celebrarse por mor da pandemia. O lugar escollido para esta edición foi Triacastela, onde gozamos dunha xornada de lecer e convivencia.

Ao longo do día puidemos participar de varias actividades.

Comezamos coa visita a unha queixería artesá na parroquia de As Pasantes, onde puidemos ver como se fai o queixo do Cebreiro da maneira tradicional. Despois algunhas das familias baixaron ata Triacastela facendo unha parte do Camiño de Santiago, desfrutando da paisaxe do Oribio e admirando a árbore centenaria de Ramil.

Xa en Triacastela, os rapaces e rapazas da Asociación firmaron no Libro de Ouro do municipio e, logo, xunto coas familias, xantamos todos/as xuntos/as na Praza do Concello.

A tarde estivo amenizada por unha actuación teatral e, unha vez rematada esta rematou, fomos facer unha pequena ruta polos montes da zona.

Foi unha xornada moi especial e entretida que nos deixa un gran recordo.

Saímos aquí e aquí.