Presentamos o vídeo que dende Down Lugo elaboramos este ano para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra este domingo 21 de marzo.
A idea do vídeo xurdiu de Marcos, un rapaz con síndrome de Down da nosa asociación, que quere “que todas as persoas saiban o que é a síndrome de Down” e “que as personas coa síndrome de Down somos unha máis e podemos facer moitas cousas”.
É un vídeo divertido e plural no que colaboran persoas usuarias, familias, profesionais e persoas voluntarias de Down Lugo.
Esperamos que vos guste!
Para ver o vídeo pulsa no seguinte enlace: https://youtu.be/lIMs95AzQyY