Este ano 2022, en Down Lugo celebramos o Entroido en dous grupos de convivencia, un o martes día 8 e o outro o xoves día 11 de febreiro. Pasámolo xenial entre todos, fixemos actuacións, bailamos, aportamos doces típicos de entroido para merendar e sacamos fotos. É unha boa experiencia para empezar a mellorar a situación do coronavirus en Lugo. Estamos desexando ir de marcha e cear cos compañeiros/as e viaxar ou facer excursións.