A alegría e a cor do Entroido chegou a Down Lugo coa celebración da nosa tradicional festa o pasado martes 6 de febreiro.
Dende as primeiras horas da tarde, a Asociación converteuse nun escenario por onde foron desfilando diferentes personaxes: un policía, unha bombeira, unha maga, un vaqueiro, unha pirata, unha pallasa, un cura, unha monxa, o trío pedra, papel e tesoira, varios animais …
Despois dun pequeno desfile no que cada persoa puido lucir o seu traxe ao ritmo dunha música moi animada, desfrutamos dunha merenda típica desta festa. E a continuación … baile!
Foi unha tarde chea de diversión, música e moitas risas!