Despois dun mes e medio de ensaios, o martes 20 de decembro todas as persoas que formamos Down Lugo acompañadas polos voluntarios e voluntarias de ASTELU (Asociación Senior de Telefónica de Lugo) puxémonos un gorro de Nadal e cantamos panxoliñas na Praza Maior de Lugo. Foi unha tarde moi especial, compartindo momentos moi bonitos nunha data na que o cariño, a compañía e a solidariedade destacan por riba de todo.
Sempre é un pracer poder contar coa colaboración das persoas voluntarias de ASTELU que nos dedican ano tras ano algo tan valioso como é o seu tempo.
Este é o terceiro proxecto que realizamos en 2022 con ASTELU, logo de realizar un obradoiro de storytelling e outro sobre o Camiño Primitivo de Santiago no primeiro semestre do ano.
Xa estamos pensando nas actividades conxuntas que realizaremos o ano que vén para seguir alimentando este vínculo tan bonito que creamos.