Despois de dous meses de ensaios, o martes 19 de decembro todas as persoas que formamos Down Lugo acompañadas polos voluntarios e voluntarias de ASTELU (Asociación Senior de Telefónica de Lugo) ofrecemos un pequeno recital de panxoliñas na Praza Maior de Lugo. Vivimos unha tarde moi especial, na que compartimos música, risas e alegría.
Sempre é un pracer poder contar coa colaboración das persoas voluntarias de ASTELU que nos dedican ano tras ano algo tan importante como é o seu tempo.
Este e ó terceiro proxecto que realizamos en 2023 con ASTELU, despois de participar con eles/as nas actividades de baile latino e marcha nórdica durante o primeiro semestre do ano.
Xa estamos pensando nas actividades que realizaremos xuntos/as o próximo ano, co obxectivo de seguir fortalecendo esta relación tan bonita que creamos.