O pasado 1 de xuño varias rapazas e rapaces de Down Lugo participaron no Día da Fundación, organizado pola tenda Decathlon en Lugo.
O obxectivo desta actividade é promover actividades inclusivas para as persoas con discapacidade intelectual a través do deporte.
Para iso, o grupo de participantes da Asociación uniuse a un grupo de traballadores/as voluntarios/as de Decathlon nas instalacións do centro deportivo Forus Lugo onde realizaron distintas actividades deportivas. Puideron xogar ao fútbol, baloncesto e, incluso, practicar tiro con arco.
Ao final da xornada, puidemos desfrutar dun rato de charla, así como recibir un obsequio por parte de Decathlon.
Dende Down Lugo queremos agradecer a Decathlon que contara con nós nesta actividade e transmitirlle o noso desexo de poder seguir colaborando no futuro.