O pasado sábado 1 de xuño recibimos en Lugo a visita dun grupo de compañeiros y compañeiras de Down Pontevedra. Esta visita está enmarcada no Programa de Encontros Bilaterais de Down Galicia.
Quedamos a media mañá xunto a nosa Asociación dende onde, tras presentarnos, fomos visitar o casco histórico de Lugo. Alí, encontrámonos cun grupo de lexionarios romanos que estaban partindo para o desfile de inauguración do Arde Lucus.
Tras sacarnos unhas fotos con eles, fomos ver o acto dende o alto da Muralla, na Mosqueira e, despois de aproveitar unha magnífica mañá de sol, fomos a tomar algo na Praza Maior.
Despois de comer, tivemos unha visita guiada na Domus do Mitreo e, tras esta, demos un pequeno paseo para acabar de ensinarlles o casco histórico aos nosos compañeiros/as de Pontevedra.
Despedímonos na nosa Asociación con moitas ganas de ir de visita a súa cidade!