O pasado mércores, 4 de maio, a nosa compañeira Iria Pérez, técnica da área de educación, impartiu o obradoiro “Crea o teu propio cómic” na Biblioteca Pública de Lugo.
Co obxectivo de promocionar a lectura e a creatividade literaria, e seguindo a guía elaborada por Down España “Crea o teu propio cómic”, 9 nenos/as coñeceron que é un cómic, as súas partes fundamentais, como facer as súas personaxes…
Despois dunha choiva de ideas na que decidiron crear unha historia na época prehistórica, foron elaborando o guión, as personaxes e distribuíndo as viñetas. Cada participante encargouse de elaborar unha das viñetas creando de forma colaborativa un cómic moi divertido cun final inesperado.
Foi unha tarde moi enxeñosa na que os/as debuxantes demostraron que todas as persoas podemos ser creativas se temos oportunidades para facelo.