Down Lugo inaugura a exposición fotográfica “Olladas do Camiño”

Down Lugo inaugurou na tarde de onte a exposición fotográfica “Olladas do Camiño”, un proxecto artístico co que buscamos poñer en valor o patrimonio cultural e humano do Camiño de Santiago, e no que se mostran distintas imaxes capturadas polas persoas da entidade en lugares tan emblemáticos do Camiño como Samos e O Cebreiro.

Esta exposición forma parte do proxecto de dinamización do Xacobeo 2021 de Down Lugo, subvencionado pola Axencia de Turismo de Galicia, dentro do programa O Teu Xacobeo.

Á inauguración da exposición, sita no local da nosa entidade (Rúa Miguel de Cervantes 34, baixo- Lugo), asistiron o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a presidenta de Down Lugo, MªJosé Blanco.

O delegado territorial da Xunta reiterou a aposta da Xunta por un Xacobeo integrador no que teñen cabida iniciativas como esta exposición e felicitou a Down Lugo pola súa labor social.

A exposición estará aberta ata o 30 de setembro para que podan desfrutala todas aquelas persoas que o desexen.