Os días 2 e 16 de maio Down Lugo e a Asociación Senior de Telefónica de Lugo (ASTELU), realizaron unha actividade de marcha nórdica.
As rutas realizáronse polo paseo do río Rato, polo que comezouse a tarde acudindo ata o parque do Sagrado Corazón para iniciar dende alí a marcha.
Antes de comezar repartíronse os bastóns de marcha nórdica e cada un/unha adaptounos a súa altura. A continuación os/as voluntarios/as de ASTELU deron unhas indicacións acerca de como se debe camiñar na marcha nórdica, para así comezar coa actividade.
Nestas dúas camiñadas, os/as 16 participantes puideron desfrutar da natureza ao redor do paseo do río á vez que realizaban exercicio físico e compartían tempo xunto cos voluntarios de ASTELU e o resto de compañeiros/as.