Down Lugo participa nas Xornadas de Enfermaría de Lugo

O pasado 1 de abril celebráronse as XXVIII Xornadas Nacionais e XXI Xornadas Internacionais de Enfermaría no Salón de Actos do Hospital Lucus Augusti de Lugo.

Nesta edición, Down Lugo foi invitada a compartir a experiencia dos Obradoiros Conversacionais  sobre Vida Independente que se levaron a cabo na USC- Campus de Lugo. Nestes obradoiros participaron alumnado do Grao de Xestión Cultural, do Grao de Enfermaría e un grupo de mozos e mozas da nosa Asociación.

Durante o evento, no que participamos por segundo ano consecutivo, todas as persoas participantes nos Obradoiros tiveron a oportunidade de relatar as súas vivencias e aprendizaxes durante as semanas de traballo conxunto. Durante as súas intervencións, os rapaces e rapazas da Asociación tiveron a oportunidade de responder preguntas das persoas asistentes, o que enriqueceu aínda máis o diálogo e a reflexión sobre o tema de Vida Independente.

Dende Down Lugo agradecemos a invitación e a oportunidade de participar nestas xornadas que se converteron xa nun espazo de aprendizaxe e crecemento para todas as persoas participantes.