O pasado 20 de febreiro, co motivo do Día Internacional da Xustiza Social, a Rede de Técnicos de Inserción Laboral de Lugo (Rede TIL) celebrou un acto no que se firmou de forma simbólica o novo convenio de constitución da rede. Esta renovación responde á necesidade da súa actualización, xa que, dende a súa creación oficial no ano 2011, máis entidades sumáronse á iniciativa. O evento contou coa presencia do concelleiro da área de Desenvolvemento local e Emprego, Mauricio Repetto.
Por outro lado, o 25 de febreiro, a Rede Lucense de Voluntariado levou a cabo a súa primeira reunión do ano. Durante a mesma, fíxose unha valoración do acto celebrado o Día Internacional do Voluntariado e se comezaron a planificar as actividades para o ano 2025.
Dende Down Lugo reafirmamos o noso compromiso co traballo en rede, participando nestas redes lucenses que favorecen a inclusión, o acceso ao emprego de distintos colectivos e o fortalecemento do voluntariado na nosa cidade. Cremos que a unión de esforzos e a colaboración é clave para construír unha sociedade máis xusta e equitativa.
Actualmente a Rede TIL está formada polas seguintes entidades: Asociación de Colaboración e Promoción do Xordo (ACOPROS), Aliad- Ultreia, Cáritas Diocesana de Lugo, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI Lugo), Cruz Roja Española, Diaconía, Fundación Educativa y Social Dignidade, Asociación DOWN LUGO, Fademga Plena Inclusión Galicia, Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Fundación Amigos de Galicia (FAG), Saúde Mental FEAFES, Fundación Secretariado Gitano (FSG), Inserta Empleo (Fundación ONCE) e Fundación Juan Soñador.
Pola súa banda, a Rede Lucense de Voluntariado está formada por: Asociación Española contra o cancro Lugo, Aliad- Ultreia, Alume Lugo, Ateibo Centro Xuvenil, Aspnais Lugo, Auxilia Delegación Lugo, Capaces Lugo, Cáritas Diocesana de Lugo, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Fundación Educativa e Social Dignidade, Asociación DOWN LUGO, Fundación Secretariado Gitano (FSG), Fundación Juan Soñador, Raiolas Lugo e o Servizo de Participación e Inclusión Universitaria do Campus de Lugo.