Este xoves 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da síndrome de Down na Praza Maior da nosa cidade.
Ás 12 horas comezamos a celebración coa representación do grupo de teatro Down Lugo, que nos presentou unha escena da súa obra 21/3 na que expresan a súas inquietudes e como se senten na sociedade.
A continuación, dúas integrantes da Asociación, Carlota e Carla, leron o Manifesto pola Promoción da Autonomía Persoal, no que reivindicaron o seu dereito a vivir unha vida plena e a ter as mesmas oportunidades que as persoas sen discapacidade.
As persoas asistentes ao acto tamén puideron visualizar unha pequena mostra fotográfica sobre Emprego con Apoio e facerse unha foto no noso photocall.
Foi unha mañá reivindicativa na que as persoas con síndrome de Down se encargaron unha vez máis de derribar prexuízos e reivindicar os seus dereitos como persoas de pleno dereito.
Tamén saímos aquí