Con motivo do Día Mundial da síndrome de Down, Down Lugo quixemos sensibilizar sobre as capacidades das persoas con síndrome de Down, reivindicar a importancia da súa inclusión na sociedade e visibilizar o traballo da entidade.
Para iso, sitos na Praza Maior de Lugo, colocamos unha mesa informativa e un photocall, no que acompañados por Maximus, a mascota do Club Baloncesto Breogán, animamos a todas as persoas que pasaban a sacarse unha fotografía con distintos mensaxes reivindicativos e de agradecemento, ademais de repartir chapas conmemorativas.
Ata este lugar acercáronse moitas persoas anónimas e coñecidas da entidade, así como representantes das administración públicas, que coa súa fotografía quixeron colaborar en estender o nosa mensaxe de inclusión e diversidade.
Moitas grazas á sociedade lucense pola súa implicación coa nosa entidade unha vez máis.