Con motivo do Día Mundial da síndrome de Down, o luns 21 de marzo, Down Lugo colocaremos na Praza Maior da nosa cidade unha mesa informativa e un divertido photocall para visibilizar o traballo da Asociación e sensibilizar acerca das capacidades das persoas coa síndrome de Down.
A partir das 17 horas, e acompañados de Máximus, a mascota do Club Baloncesto Breogán, membros da nosa entidade reivindicarán os seus dereitos, entregarán chapas conmemorativas e animarán á sociedade lucense a sacar fotografías no espazo dedicado a tal fin.
Anímate a participar na celebración!
Esta acción está incluída dentro dos actos que a Asociación Down Lugo e o movemento Down Galicia levarán a cabo para conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down, que se celebrará en todo o mundo o 21 de marzo.