Down Lugo será protagonista do próximo partido do CB Breogán

Onte foi presentado en rolda de prensa o partido solidario do Club Baloncesto Breogán do sábado 18 de xaneiro que será dedicado a nosa Asociación, e que se disputará a las 19:15 horas no Pazo Provincial dos Deportes.

Nela estiveron presentes Efrén Castro, deputado de Deportes, Tito Díaz, director deportivo do CB Breogán, e Delfina Pérez, xerente de Down Lugo. Ademais tamén os acompañou a mascota do Breogán, Maximus.

Animamos e agradecemos de antemán a todas as persoas da nosa cidade a súa asistencia ao partido, sendo unha boa ocasión para colaborar con Down Lugo facéndose socias da entidade cunha pequena aportación.

Tamén queremos dar as grazas á Deputación de Lugo e ao Club Baloncesto Breogán por contar co seu apoio e poder dar visibilidade á nosa asociación e ás persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual.

http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/72855

http://www.cbbreogan.com/es/down-lugo-sera-protagonista-do-vindeiro-encontro-do-breogan-no-pazo