982 240 921

Home Destacados Down Lugo suspende as súas actividades presenciais seguindo as recomendacións da Xunta...

Down Lugo suspende as súas actividades presenciais seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia

Seguindo as recomendacións e decisións tomadas polas autoridades competentes en relación á evolución do coronavirus (COVID-19), Down Lugo suspende as súas actividades presenciais dende o 16 de marzo de 2020.

Dende a entidade seguimos prestando apoio ás persoas usuarias e ás súas familias a través do Servizo de información, orientación e apoio psicolóxico, así como proporcionándolles pautas, recomendación e recursos de interese para estes días que nos está tocando vivir.

Ademais dende Down Lugo estamos traballando para proporcionar ás nosas persoas usuarias sesións e apoios formativos a través de medios virtuais no caso de prolongarse esta situación.

A este respecto sinalar que Down Galicia acaba de lanzar un apartado na súa web para que públicos de todas as idades, con e sen discapacidade, conten con información e recursos variados para entreterse durante o confinamento no que estamos inmersos denominado “Recursos Down”.