Encántame o meu traballo! por Merlyn Galviz

Chámome Merlyn e traballo en Domino´s Pizza dende outubro do ano 2019.

Gústame moito o meu traballo, no que fago tarefas como montar caixas para pizzas, servir aos clientes a comida, montar racións de patacas, recoller as mesas e limpalas, encher as caixas das salsas e colocar os ingredientes nas neveiras.

En febreiro do 2020 fixéronme un contrato indefinido, polo que estou moi contenta.

Teño bos compañeiros de traballo que me axudan , se o preciso, e outras veces eu lles axudo a eles.

O ano pasado, en marzo do 2020, chegou a covid-19 e Domino´s Pizza tivo que enviarme dúas veces ao ERTE, pero agora xa estou traballando de novo.

Boteino moito de menos porque… Encántame o meu traballo!