Encontro con Xuntos – Down Pontevedra

O pasado 26 de outubro un grupo da nosa Asociación foi a visitar aos nosos compañeiros/as de Down Pontevedra.

Recibíronnos na estación de tren e leváronnos a ver o seu local, onde nos explicaron as actividades que realizan e como tiñan dividido o espazo.

Despois tomamos algo nun bar cercano e fomos a comer todos/as xuntos/as para coller forzas para a actividade que nos esperaba despois.

Pola tarde, tivemos unha visita guiada polo centro de Pontevedra, na que puidemos coñecer as curiosidades históricas da cidade xunto a Pedro, o noso guía durante esta xornada.

Foi un día moi especial no que a choiva non nos impedíu desfrutar da boa compañía dos nosos compañeiros/as de Pontevedra.

Agardamos volvernos ver pronto!

Este encontro se enmarca dentro do Programa de Encontros Bilaterais de Down Galicia.