982 240 921

Home Destacados Encontro de familias Down Lugo 2025

Encontro de familias Down Lugo 2025

O pasado 13 de xullo celebramos o noso tradicional Encontro de Familias de Verán na área recreativa Manuel González Capón de Baralla.

Un total de 77 persoas entre familias, profesionais e voluntariado démonos cita para gozar dun día en comunidade, cheo de risas e convivencia.

Compartimos comida, paseos, baños na piscina, partidas de cartas, xogos co balón, xeados… pero, sobre todo, compartimos momentos de encontros e reencontros.

Estas xuntanzas fortalecen os vínculos entre as familias, fomentando a cohesión social e o apoio mutuo entre elas.

Contamos os días para o próximo encontro!

Este encontro está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fines de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2024.