O pasado venres día 23 de setembro visitounos un grupo de persoas da Asociación Xuntos-Down Pontevedra para pasar o día con mozos/as da nosa entidade.
Foi un gran encontro onde os anfitrións fixeron de guías para amosarlles os lugares máis emblemáticos da nosa cidade a través dunha xincana.
Despois de tanta animación compartiron unha comida todos xuntos onde aproveitaron para coñecerse mellor. Xa pola tarde desfrutaron dun concerto xunto á Mosqueira.
Foi unha xornada do máis divertida que esperamos que se poida repetir pronto.
Este encontro foi posible grazas á subvención de Política Social destinada a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.