Entrevista a Alberto Vázquez

Alberto ten 25 anos, é de Arxemil (Sarria) e acode á Asociación Down Lugo dende que era ben pequeniño.

Os que temos a sorte de coñecelo sabemos que cada día mostra a súa mellor versión. É un mozo alegre, simpático, afectuoso, traballador e, ademais, encántalle a troula.

Hoxe concédenos amablemente o seu tempo para realizar a seguinte entrevista:

Agora que está preto o verán…que soes facer cando tes vacacións?

En vacacións imos a praia. Levo bañador, sandalias… Na praia salto as olas.

A que praia che gusta ir?

Imos a Miño. Tamén imos coa Asociación á praia.

E durante todo o ano…que che gusta facer no teu tempo de lecer?

Cando estou cos tíos imos a Albeiros. Gústame ver os animais que temos (pitas, galos…)

Cando estou en Sarria cos meus pais gústame ir ao río (Vilasouto). Tamén me gusta ver a tele e o ordenador.

Vexo que che gustan os animais… tes algunha mascota?

Teño un can que se chama “Coco”. Tamén temos 3 ranchiños, coellos e polos…

Tamén un gato branco en Arxemil que se chama “Cleo”.

E tamén me falabas da tele…cales son os teus programas favoritos?

Gústame o Land Rober os xoves e tamén o Bamboleo con Piñeiro. O sábado vexo Luar con Gayoso.

Algo que te poña feliz…

Estou contento coa clase de música na asociación con Ana.

Logo…cal é a túa canción preferida?

“Los Gorilas”. Bailo con Carlota, Marcos…

Na presentación dixen que che gustaba a troula…algunha festa que destaques?

Gústanme “As hogueras” de San Xoán. Saltar o lume.

¡Que medo! Ti tes medo a algunha cousa?

Teño medo ao dentista. Teño que ir a Santiago…

Cando estás cos compañeiros, tes algunha actividade que che apeteza especialmente?

Xogar ao parchís. Gano eu (risas)

E tamén sei que cociñades…tes algunha especialidade na cociña?

Ensalada de pasta.

Comida favorita?

Filetes de polo con patacas fritas.

Bebida?

Coca-cola sin cafeína.

Eres presumido? Gústache ir guapo?

Ir guapo si (risas). Gústame o pantalón Adidas e ir ao peluquero Luís que me fai cóxegas.

E para rematar….tes algún desexo?

Quero que non haxa máis virus. Quero ir as hogueras de San Xoán, ir ao piso cos compañeiros, á piscina….

Moitas gracias Alberto.

De nada.