Dende o servizo de logopedia de Down Lugo apostamos polo método de Lectura Global para os nosos mozos e mozas en proceso de adquisición da lectura. Este método basease na percepción global da palabra acompañada dunha imaxe que mostra o seu significado. Con iso, potenciamos a comprensión lectora dende o primeiro momento.
Este ano grazas ao proxecto ¿Hablamos? de Down España financiado pola Fundación Pelayo, catro mozos e mozas da entidade poden desfrutar de balde da aplicación “Yo también leo PRO” durante un ano. Deste xeito, as familias poden complementar de forma lúdica o traballo que se ven realizando nas sesións co método de Lectura Global.
Moitas grazas a Down España e a Fundación Pelayo!