Evento Virtual polo Día Mundial da Síndrome de Down

O Día Mundial da Síndrome de Down porá sobre a mesa as demandas das persoas coa síndrome de Down. ¡Este domingo 21, de 11:30 a 12:00, poderás ver en YouTube o evento virtual #TanDiferentesComoIguais! Presentarase o Decálogo pola Inclusión, o Premio Down Galicia e contarase con Tanxugueiras e a Orquesta Cinema. Non o perdas!

Máis información e enlace á emisión no seguinte enlace: http://bit.ly/Evento21M