982 240 921

Home Destacados Excursións de verán de Down Lugo

Excursións de verán de Down Lugo

Por fin despois de tanto tempo as persoas usuarias de Down Lugo puideron volver a desfrutar das excursións de tres días. Este ano estiveron divididos en dous grupos para coñecer os municipios de Portosín e Valdoviño.

Do 28 ao 30 de xuño un dos grupos puido coñecer Portosín. Alí aloxáronse nos bungalows do Cámping Punta Batuda, e percorreron a zona, desfrutaron das súas praias e tamén se acercaron a Ribeira.

Do 8 ao 10 de xullo, o outro grupo desprazouse ata Valdoviño onde se aloxou na casa Surf & Breakfast do Cámping Valdoviño. Alí puideron desfrutar da praia de A Frouxeira, coñecer o pobo e aproveitaron un dos días para visitar a cidade de Ferrol.

Despois deses tres días volveron con máis experiencias dentro das súas mochilas e xa agardan con moitas ganas a que chegue a seguinte excursión.

Estas actividades forman parte do proxecto “Decido eu” da nosa entidade e están enmarcadas no programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia. Están subvencionadas pola Consellería de Política Social e Xuventude a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.