O pasado 21 de febreiro vivimos unha velada inesquecible no Círculo das Artes de Lugo, onde a gastronomía e a solidariedade se uniron na gala DiezRaz10nes.
Gracias aos chefs que nos sorprenderon cos seus exquisitos pinchos, á xenialidade do Mago Rafa, á Orquestra de Cámara de Lugo e o Centro de Música Glissando pola súa marabillosa interpretación e á enerxía do Toxo Guayaba, quen fixeron desta noite un evento único.
Queremos expresar o noso agradecemento a patrocinadores, organizadores, músicos/as, traballadores/as e todas as persoas asistentes, que co seu apoio lograron encher o Salón Rexio e conseguir que se venderan todas as entradas. Cada unha desas entradas contribuíu a seguir apoiando a Down Lugo e á Asociación Raiolas. Un agradecemento especial para Álex Méndez polo seu extraordinario traballo.
Dez millóns de grazas!
Saímos aquí