Esta semana en Down Lugo estamos desfrutando da Experiencia Breogán.
O mércores pola mañá un grupo de rapaces e rapazas da Asociación tiveron a oportunidade de realizar unha visita ao Pazos dos Deportes. Da man do director da Fundación Breogán, Salva Arco e de Guido Álvarez percorreron todas as instalacións e coñeceron a plantilla, técnicos e empregados do Club Baloncesto Breogán. Tamén visitaron a sala de trofeos, o vestiario, o corredor “da fama”… Foi un completo paseo que rematou presenciando en vivo un adestramento do equipo.
Pola súa banda, o xoves pola tarde foi o Breogán o que nos devolveu a visita. Salva Arco acompañado dos xogadores Víctor Arteaga e Toni Nakic, así como Manuel García Rielo representante da Clínica García Rielo, benefactora da Experiencia Breogán, visitaron a nosa sede. Aquí, un rapaz da Asociación fíxolles unha visita guiada pola entidade e dúas rapazas explicáronlles que actividades levamos a cabo. A continuación, creouse un coloquio moi interesante no que as rapazas e rapaces lles fixeron un montón de preguntas e lles propuxeron xogar unha pachanga todos/as xuntos/as.
Está a ser una experiencia estupenda ¡moitas grazas!