Fundación Bancaria Ibercaja e Down Lugo acaban de firmar un convenio de colaboración para promover a inclusión educativa das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais da provincia de Lugo.
A través da Convocatoria 2020 Ibercaja de Proxectos Sociais, a Fundación Bancaria Ibercaja concedeu á entidade unha axuda de dous mil euros (2.000€) para desenvolver un proxecto que ten como obxectivo principal garantir a inclusión educativa do alumnado con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais a través da coordinación cos centros educativos e a realización de apoios que favorezan o seu desenvolvemento escolar, persoal e social.
Este convenio permitirá levar a cabo diversas actividades destinadas a mellorar a inclusión escolar das 25 persoas usuarias con idades comprendidas entre os 7 e os 28 anos que forman parte do proxecto.