982 240 921

Home Novas Fundación Ibercaja colabora co noso proxecto de Inclusión Educativa

Fundación Ibercaja colabora co noso proxecto de Inclusión Educativa

Down Lugo continúa desenvolvendo o Proxecto de Inclusión Educativa para persoas con síndrome de Down da provincia de Lugo, unha iniciativa que ten como obxectivo favorecer a inclusión educativa do alumnado escolarizado en centros ordinarios mediante un traballo coordinado cos centros educativas e as familias.

O proxecto combina actuacións de coordinación cos equipos docentes y apoios pedagóxicos personalizados, a través de sesións de logopedia, reforzo escolar e habilidades instrumentais, adaptadas ás necesidades de cada persoa participante.

Con este proxecto, Down Lugo segue traballando para promover unha educación inclusiva e de calidade, contribuíndo ao desenvolvemento académico, persoal e social das persoas con síndrome de Down e favorecendo a igualdade de oportunidades durante a súa etapa educativa.

O desenvolvemento deste proxecto é posible grazas á colaboración de Fundación Ibercaja, que co seu apoio contribúe a seguir impulsando unha educación máis inclusiva para as persoas con síndrome de Down da provincia de Lugo.