O próximo xoves 23 de setembro inauguramos a exposición fotográfica “Olladas do Camiño” na sede da nosa Asociación ás 18:30h.
Nesta exposición mostraranse fotografías dunha parte do Camiño de Santiago ao seu paso por Lugo, Samos e O Cebreiro, onde se porá en valor tanto o patrimonio cultural coma o humano. Estas foron realizadas polas persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual da nosa entidade as cales amosan interese unha vez mais, por descubrir novos lugares e dar a coñecer as súas habilidades artísticas.
A mostra constitúe o resultado final do noso proxecto de dinamización do Xacobeo 2021, subvencionado pola Axencia Turismo de Galicia, dentro do programa O teu Xacobeo.