O pasado 4 de outubro o equipo profesional da área de Educación de Down Lugo e a orientadora do CPR Divino Maestro organizamos unha xornada inclusiva titulada “Todos encaixamos neste puzzle, Inclúe-t”. Nela participaron mozos e mozas da nosa entidade e alumnos/as de 4º da ESO.
A xornada, que se levou a cabo no colexio, comezou coas presentacións entre os/as participantes. En primeiro lugar, unhas alumnas do CPR Divino Maestro ensináronnos as instalacións, contáronnos o seu día e día e explicáronnos a historia do centro. Despois, os nosos rapaces/as tamén lles contaron as súas experiencias na Asociación, as súa etapa escolar, os seus traballos…
Unha vez feitas as presentacións, dividímonos por grupos e comezamos a realizar varias actividades. Un dos grupos creou un quebracabezas xigante co mesmo título que lle da nome á xornada; outro grupo realizou unha entrevista na radio do colexio a unha moza da nosa Asociación e, por último, o terceiro grupo fixo a coreografía da canción “Madre Tierra” co slogan “Abre tus ojos a la inclusión”.
Ademais, tamén tiveron tempo para conversar e compartir reflexións sobre a xornada.
Agradecemos moito a Mónica que se puxese en contacto coa entidade para levar a cabo esta xornada inclusiva tan enriquecedora para todas e todos.