A Fundación BREOGÁN ven de presentar o seu Proxecto Persoas. Trátase dun proxecto orientado a favorecer e promover o deporte, e máis en concreto o baloncesto, para persoas con discapacidade.
Persoas é un proxecto inclusivo, reivindicativo e ilusionante, que vai poñer de manifesto que o deporte non é exclusivo das persoas sen discapacidade. Está dirixido a menores de 18 anos.
Este xoves 16 de febreiro haberá unha xornada de portas abertas para as persoas interesadas. O comezo do proxecto será o 2 de marzo e levarase a cabo todos os xoves de 16 a 17:15 horas no Pazo dos Deportes.
Se che gusta o baloncesto non perdas esta oportunidade!
Para inscrición pincha aquí