A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, subvenciona o proxecto de formación “Creación de materiais educativos accesibles a través das TIC” de Down Lugo.
Este proxecto consiste na elaboración de materiais educativos accesibles que eliminen barreiras de participación no proceso de ensinanza aprendizaxe e faciliten a igualdade de oportunidades na aula, empregando diferentes ferramentas dixitais.
No proxecto, que se desenvolve dende o mes de xaneiro ata o mes de outubro de 2023, participan 3 persoas voluntarias que aportan a súa creatividade, o seu entusiasmo, o seu tempo e traballo na elaboración de forma colaborativa de distintos materiais accesibles que se concretarán en actividades sobre diferentes temáticas que despois se empregarán nos programas da entidade.