Inicio > Destacados > Mauro campeón!

O pasado 9 de novembro, Mauro Rodríguez Baliña, integrante de DOWN LUGO participou nos XXIII Xogos Autonómicos de Natación Special Olympics Galicia que se celebraron en Lugo.

Unha vez máis Mauro demostrou a súa valía na auga, a súa boa forma física e o seu espírito deportivo conseguindo dúas medallas de ouro en 25M Mariposa e 1000M Libre.

Dende a Asociación felicitámolo por estes logros e animámolo a seguir adestrando para seguir cumprindo as súas metas.